Desde os días 29 de maio ao 2 de xuño do 2025 celébrase o European Moth Night, a Noite Europea das Avelaíñas, e por ese motivo tiñamos moitas ganas de facer algunhas actividades de avelaíñas.

A primeira será este xoves, 29 de maio, ás 23h, que a retransmitiremos en directo para todas aquelas persoas que se queiran conectar e que viven lonxe de nós para poder desfrutar das nosas actividades.

A segunda será o domingo, 1 de xuño, de 22:30h a 00:30h, no Encoro de Abegondo-Cecebre e que será aberta ao público e gratuita, pero como as prazas son limitadas é necesario que vos inscribades antes no seguinte formulario:

 

Nestas actividades contaremos co apoio da Sociedade para a Conservación e o Estudo das Bolboretas en España (SOCEME).

Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Podes seguir o directo na nosa canle de Youtube:

 

E tamén:

 

Dúbidas e comentarios en: inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Achégate connosco!