Do 16 ao 25 de maio celébrase A Gran Semana, unha iniciativa estatal de ciencia cidadá que convida a naturalistas, asociacións e amantes da natureza a rexistrar observacións de flora e fauna nos seus contornos máis próximos.
Desde o Grupo Naturalista Hábitat queremos sumarnos un ano máis a esta celebración da biodiversidade. Este ano, ademais de animar aos nosos socios, simpatizantes e ao público en xeral a participar de forma individual, fomentaremos activamente a participación durante todas as nosas actividades organizadas entre o 16 e o 25 de maio. En cada unha delas convidaremos ás persoas asistentes a achegar citas de biodiversidade a través das diferentes plataformas dispoñibles.
Como podes participar?
- Observa e rexistra: Saia ao seu contorno natural máis próximo e tome nota das especies de flora e fauna que atope.
- Comparte as túas observacións: Utiliza plataformas como Observation.org, eBird, iNaturalist ou outras indicadas pola organización para subir os teus rexistros.
- Difunde a iniciativa: Comparte as túas experiencias nas redes sociais e anima a outros a participar.
Non é necesario ser un experto; calquera observación conta e contribúe ao coñecemento colectivo da nosa biodiversidade.
Para máis información sobre o evento e como participar, visita a web oficial: lagransemana.org

Leave A Comment