Hai uns días, o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) decidiu outorgar ao Grupo Naturalista Hábitat o premio “Institución do Ano 2025”, no marco dos actos de celebración do Día do/a Biólogo/a. Un galardón que se entregará o vindeiro venres, 16 de maio, na illa da Toxa (O Grove).

Desde estas liñas, todas as persoas que traballamos no día a día de Hábitat expresamos a nosa ledicia por tal recoñecemento, e agradecemos ao COBGA a súa decisión. Así mesmo queremos dedicar esta distinción a todos aqueles que, ao longo dos 46 anos de traballo da nosa entidade, participaron ou fixeron posible os milleiros de actividades, proxectos e iniciativas que, con tanto esforzo, levamos a cabo. Este recoñecemento supón sen dúbida un forte aliciente para continuar coa nosa tarefa de promover o estudo, a divulgación e a conservación do patrimonio natural galego.

Á entrega de premios acudirá o noso vicepresidente, Santiago Vázquez Casás, en representación do G. N. Hábitat.

Grazas a tod@s por facelo posible!