O vindeiro xoves 8 de maio, ás 20:00 h, culminaremos a XII edición da nosa Escola de Naturalistas cun encontro moi especial: a tradicional Mesa de Grandes Naturalistas, que terá lugar no local do Grupo Naturalista Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo, A Coruña) e será tamén retransmitida en directo por vía telemática.
Nesta ocasión, convidamos a distinguidos naturalistas e apreciados colegas, entre eles:
Jose Luis Rabuñal
Ornitólogo de referencia en Galicia. Coñecedor en profundidade e estudoso incansable do esteiro do río Anllóns (Ponteceso), onde leva feitas milleiros de horas de censos e descubrimentos. Con máis de 84 anos, leva apaixonado pola natureza —e polas aves en particular— desde ben novo.
Rafael Carballeira
Doutor pola UDC e socio do G.N. Hábitat. Profesor substituto na área de Botánica da Universidade da Coruña, forma parte do Grupo de Investigación en Cambio Ambiental e Paleobioloxía (GRICA-BIOpast) do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA). A súa investigación céntrase na flora dos ecosistemas acuáticos e na súa conservación, avaliando impactos ambientais e promovendo solucións sostibles. Traballa tamén en aplicacións como a xestión de encoros, a conservación do patrimonio ou as ciencias forenses, colaborando coas cátedras EMALCSA e Hijos de Rivera-UDC en proxectos de desenvolvemento sustentable.
Raquel Poncini
Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería no Sergas, afeccionada á micoloxía dende hai máis de 15 anos, guía micolóxica titulada, Vicepresidenta da Asociación Micolóxica Coruñesa e da Federación Galega de Micoloxía.
Estamos profundamente agradecidos pola súa participación e ansiosos por escoitar as súas experiencias de campo, os seus inicios e outras narrativas fascinantes relacionadas co medio natural.
Será unha xornada única, onde o naturalismo será o fío condutor das conversas, abrindo espazo para compartir anécdotas, reflexións e lembranzas. Estamos entusiasmados por crear este ambiente de diálogo enriquecedor, contribuíndo así ao noso compromiso co estudo e conservación medioambiental. ¡Esperamos contar coa presenza de todos os interesados nesta apasionante charla!
Logo da relevancia desta xornada, ademais dos membros da Escola de Naturalistas poderán asistir á xornada un reducido número de plazas de público en xeral, ata completar o aforo. A participación é de balde mais as prazas son limitadas, polo que para poder asistir é imprescindible a inscrición previa (reserva de praza) a través do seguinte formulario:
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. No caso de non poder acudir, infórmanos da túa situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Podes seguir o directo na nosa canle de Youtube:
E tamén:
Animádevos e compartide connosco este encontro!
Dúbidas e comentarios no 981 135 014 | inscricion@gnhabitat.org
Promove:


Leave A Comment