Comprácenos anunciar a presentación dun novo proxecto do Grupo Naturalista Hábitat dedicado á conservación dos bosques húmidos atlánticos: as Fragas Perdidas

Será este venres 21 de marzo, coincidindo coa data escollida pola ONU para conmemorar o Día Internacional dos Bosques, co obxectivo de sensibilizar sobre a súa importancia crítica na saúde do planeta, a biodiversidade e o benestar humano. 

A presentación, de balde e aberta ao público, terá lugar ás 20:30 h, no local social do G.N. Hábitat. Para a asistencia e participación neste formato presencial é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Se non podes achegarte ou se quedasen as prazas cubertas, terás oportunidade de seguir esta presentación en directo a través das nosas canles nas redes sociais.

Podes seguir o directo na nosa canle de Youtube:

E tamén:

 

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 13 50 14

Agardámoste!