Dentro do proxecto “Coñece o teu mar”, o Grupo Naturalista Hábitat está a organizar actividades divulgativas, cofinanciadas pola Unión Europea a través do GALP Golfo Ártabro Sur, para aprender máis sobre  o medio mariño que temos preto da casa. 

Logo dunha pausa nos meses de inverno, faremos charlas e saídas de campo en Sada, Cambre, Oleiros e Culleredo. O obxectivo é educar e concienciar sobre a importancia dos ecosistemas mariños, a súa biodiversidade, conservación e os impactos humanos neles.

A primeira cita deste 2025 será no Concello de Sada, co seguinte programa de actividades na Casa da Xuventude (Avenida da Mariña, 46, Sada: ver localización no mapa):

Sábado 15 marzo

  • 10.00 – 11.30h – Actividade sobre medio mariño.
  • 12.00 – 13.30h – Actividade sobre fauna mariña.

 Domingo 16 marzo

  • 10.00 – 11.30h – Actividade sobre flora mariña.
  • 12.00 – 13.30h – Saída de campo (será necesario asistir a polo menos 2 actividades de aula para poder participar na saída de campo).

As xornadas son de balde e abertas ao público, previa reserva de praza (inscrición) a través do seguinte formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Todos os participantes que sexan confirmados vía e-mail contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía e-mail a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Dúbidas e comentarios en mares@gnhabitat.org639 131 688

Agardámoste!