Os anfibios e réptiles son esenciais para o equilibrio dos ecosistemas. Os anfibios, sensibles ás alteracións ambientais, son excelentes bioindicadores da saúde do medio. Os réptiles, como depredadores e presas, regulan as poboacións doutros organismos e contribúen ao control de pragas. A perda de hábitat, a contaminación e o cambio climático ameazan a súa supervivencia, polo que coñecelos é o primeiro paso para protexelos.
O sábado, 22 de febreiro do 2025, de 17:30 a 22:30h, estaremos en Alfoz (Lugo) para coñecer os anfibios e réptiles que habitan nesta zona. Da man de Golden Valley, Galicia Verde, exploraremos o val do río Ouro, un espazo de gran riqueza natural e cultural.
Esta actividade é parte dun proxecto máis amplo para coñecer, valorar e protexer a Biodiversidade deste territorio único.
As prazas son limitadas e de balde. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. Para poder asistir tes que inscribirte neste formulario:
É importante que lembres que para asistir a estas actividades é necesaria a inscrición previa. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas. Todos os participantes recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Únete a nós nesta xornada para descubrir a fascinante vida dos anfibios e réptiles e a súa importancia nos ecosistemas!

Leave A Comment