Este sábado, 25 de xaneiro do 2025, de 20:30 a 22:30h aproveitaremos as chuvias para observar as especies de anfibios que habitan nunha das parcelas en Carral, que custodia Brexa, Asociación de Custodia do Territorio.
Terán preferencia o alumnado da XII Escola de Naturalistas e os nosos socios e socias e os de Brexa. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase a orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Achégate connosco!

Leave A Comment