Este domingo, 24 de novembro de 2024, de 11 a 17h (aprox.) convidámoste a participar nunha nova xornada de Encontros Naturalistas, unha oportunidade perfecta para conectar coa natureza e descubrir a riqueza do noso Patrimonio Natural. A actividade terá lugar no Parque Natural das Fragas do Eume, un dos bosques atlánticos mellor conservados de Europa e un lugar máxico para explorar nesta época do ano. A ruta será duns 6,9 km, circular e de dificultade moderada. Comeremos no Mosteiro de Caaveiro e cada persoa deberá levar a súa comida.
As prazas son limitadas e de balde. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. Para poder asistir tes que inscribirte neste formulario:
É importante que lembres que para asistir a estas actividades é necesaria a inscrición previa. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas. Todos os participantes recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Esta acción está integrada no Programa de accións ambientais 2024 coa Deputación da Coruña.
Achégate este domingo e vive o outono nun dos lugares máis fermosos de Galicia!

Leave A Comment