Seguindo coas actividades do proxectoVixías dos nosos ríos”, faremos un obradoiro práctico de avaliación do estado ecolóxico do rio Forcadas, no concello de San Sadurniño, o martes 15 de outubro.

O alumnado do clube de ciencias do IES Concepción Arenal de Ferrol poñerá en práctica o aprendido nas charlas impartidas a principios de outubro nese centro educativo. En primeiro lugar, terán que recoller e identificar os macroinvertebrados que viven no rio. Logo medirán diversos parámetros físicos e químicos nas augas, e por último avaliarán a calidade do bosque de ribeira. Con todos estes datos, poderán poñerlle unha nota ao estado de conservación do rio Forcadas.

Esta actividade desenvólvese no marco de Vixías dos nosos ríos”, un proxecto do Grupo Naturalista Hábitat subvencionado por Augas de Galicia.

Dúbidas e comentarios en vixiasrios@gnhabitat.org│639 13 16 88