Velaquí unha nova actividade no marco do proxectoVixías dos nosos ríos”! Desta volta achegarémosnos a fermosa contorna do río Anllóns, onde faremos unha descuberta da flora que acubilla este espazo natural. Na xornada estaremos acompañados por Eva Martínez Veiga e Iván Rodríguez Buján, avezados botánicos e compañeiros do G.N.Hábitat, cos que poderemos ir recoñecendo os diferentes taxóns que se atopen no noso percorrido.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o xoves 24 de outubro do 2024, de 16h a 19h. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Esta ruta encádrase no programa de actividades de “Vixías dos nosos ríos”, un proxecto do Grupo Naturalista Hábitat subvencionado por Augas de Galicia.

Dúbidas e comentarios en vixiasrios@gnhabitat.org│639 13 16 88

Agardámoste!