O segundo bloque de actividades do programa “Coñece o teu mar”, neste 2024 terá lugar a finais de outubro en Bergondo.
Este conxunto de actividades divulgativas organizadas polo Grupo Naturalista Hábitat están cofinanciadas pola Unión Europea a través do GALP Golfo Ártabro Sur, e pretenden educar e concienciar sobre a importancia dos ecosistemas mariños, a súa biodiversidade, conservación e os impactos humanos neles.
No Concello de Bergondo terán lugar as seguintes actividades no Edificio Cultural A Senra (lugar A Senra, 31 – 15165 Bergondo; ver localización no mapa):
- Venres, 25 outubro do 2024
- 19.30 – 21.00 h – Actividade sobre medio mariño, en aula.
- Sábado, 26 outubro do 2024
- 10.00 – 11.30 h – Actividade sobre flora mariña, en aula.
- 12.00 – 13.30 h – Actividade sobre fauna mariña, en aula.
- Sábado, 9 novembro do 2024
- 16.00 – 17.30 h Saída de campo (será necesario asistir a polo menos 2 actividades de aula para poder participar na saída de campo).
As xornadas son de balde e abertas ao público, previa reserva de praza (inscrición) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Todos os participantes que sexan confirmados vía e-mail contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía e-mail a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Dúbidas e comentarios en mares@gnhabitat.org│639 131 688
Agardámoste!

Leave A Comment