Este sábado 12 de outubro dende o noso proxecto “Vixías dos nosos ríos” imos levar a cabo unha erradicación de flora exótica invasora no río Lambre, ao seu paso polos concellos de Paderne e Miño. Analizaremos a problemática das especies exóticas invasoras nos ríos e centraremos os nosos esforzos na extracción de Crocosmia x crocosmiiflora. Esta planta ornamental obtida a partir do cruzamento de dúas especies nativas de Sudáfrica, estáse expandindo en ambientes fluviais competindo contra outras especies autóctonas. Esta actuación de voluntariado ambiental desenvolverase nun bosque de ribeira de boa calidade, con lixeiras perturbacións, que contribuiremos a paliar para devolver o hábitat ao seu estado natural.

Nun obradoiro previo do proxecto Vixías dos nosos ríos con escolares do CPI Castro Baxoi analizamos a calidade ecolóxica do río Lambre. Os resultados obtidos mostraron que as súas augas están nun estado químico moi bo e detectaronse 23 familias de macroinvertebrados obtendo un bo estado ecolóxico. Por este motivo, reducir a ameaza para a biodiversidade que son as especies exóticas invasoras, pode axudar a mellorar os valores naturais dun dos ríos máis mportantes da comarca.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o sábado 12 de setembro do 2024, de 10:30h a 13:30h. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Esta ruta encádrase no programa de actividades de Vixías dos nosos ríos”, un proxecto do Grupo Naturalista Hábitat subvencionado por Augas de Galicia.

Dúbidas e comentarios en vixiasrios@gnhabitat.org639 13 16 88

Agardámoste!