O próximo luns convidámoste a participar na charla de presentación do proxecto “Vixías dos nosos ríos”. Nela explicaremos a metodoloxía a seguir para avaliar o estado ecolóxico das augas superficiais e do bosque de ribeira, sinalaremos uns exemplos de impactos detectados e que se poden mitigar coa participación do voluntariado, e mostraremos cales serán as seguintes actuacións no marco desta iniciativa -destinadas tanto a público xeral como a centros educativos- unha vez realizadas as visitas previas nos treitos seleccionados. Por último, como asistente poderás participar na selección das especies máis emblemáticas dos nosos ríos.
A charla, de balde e aberta ao público de calquera idade, terá lugar o luns 9 de setembro do 2024, ás 20:30h., no local social do G.N.Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña –ver localización no mapa-). Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Esta charla encádrase no programa de actividades de “Vixías dos nosos ríos“, un proxecto do Grupo Naturalista Hábitat subvencionado por Augas de Galicia.
Dúbidas e comentarios en vixiasrios@gnhabitat.org│981 135 014
Agardámoste!

Leave A Comment