Este mércores desenvolveremos unha actividade máis no marco do noso programa BioDiversidade, iniciativa onde procuramos unha #naturezainclusiva con diversos colectivos, promovendo a integración e a participación activa en materia de coñecemento, divulgación e conservación do patrimonio natural.

Logo dun fermoso encontro tempo atrás, reunirémonos unha vez máis coas persoas usuarias do Hospital de día de Saúde Mental do Hospital Marítimo de Oza, para levar a cabo unha nova xornada de descuberta da flora e fauna silvestres. Unha estupenda ocasión para prestar especial atención ás especies que acolle a propia contorna natural do Hospital de Oza, cunha situación privilexia a carón do mar.

Saúde e natureza!