Con moita ilusión anunciamos a Primeira Escola en Familia para que os máis pequenos da casa poidan chegar a ser grandes naturalistas e desfrutar da natureza como facemos nós.
Propoñemos varias datas con diversas temáticas, aínda que sempre vemos máis cousas das que dicimos que imos ver, porque como xa sabemos o medio natural non é un zoolóxico, é caprichoso e sempre hai sorpresas.
Xornadas:
- 21 de xullo: Intermareal (Cnidarios, Poríferos, Crustáceos, Peixes, Briozoos, Algas, Poliquetos e Moluscos) en Bastiagueiro (Oleiros) e mamíferos no Encoro de Abegondo-Cecebre (mañá e tarde).
- 4 de agosto: Flora e Insectos en O Veral (Lugo) (mañá e tarde).
- 11 de agosto: Anfibios e réptiles en Monte Xalo (mañá).
- 31 de agosto: Aves en Pontedeume (mañá).
- 7 de setembro: Anelamento de Aves en Ponteceso e Bioblitz (mañá e tarde).
Cota:
Todas as persoas inscritas estarán cubertos cun seguro de responsabilidade civil e de accidendes durante o desenvolvemento das accións previstas e os permisos administrativos necesarios para levar a cabo as actividades no medio natural, así mesmo disporan de todas as ferramentas necesarias para o disfrute das actividades.
O importe do curso é:
- 90 euros para un neno/nena de entre 6 a 12 anos e un adulto responsable (engadir un menor de 6 a 12 anos + 50 € e un adulto + 25€ (máximo 2), sempre da mesma unidade familiar).
- 50% de desconto para os socios familiares actuais no momento da publicación.
A cota da matrícula abonarase antes do inicio do curso.
Inscricións:
Se queres formar parte desta experiencia única, animámoste a enviar a túa solicitude antes das 14:00 horas do mércores 17 de xullo de 2024, data límite de inscrición. O formulario de inscrición está dispoñible no seguinte enlace:
Se sentes unha profunda conexión coa natureza e queres compartirla cos máis pequenos, ¡non deixes pasar esta oportunidade única!
Agardámosche con brazos abertos para explorar xuntos o marabilloso mundo natural que nos rodea!

Leave A Comment