O domingo 8 de novembro celebramos a XIII Maratón Ornitolóxica da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Sete equipos percorreron distintos puntos da Reserva co reto de identificar o maior número posible de especies de aves silvestres ao longo da xornada.

O Equipo 02, formado por Damián Romay, Roi Otero, Eva Alonso e Stefano Di Ubaldo, acadou o primeiro posto con 100 especies e 131 puntos.

O Equipo 01, formado por Manuel Cernadas, Elia Pérez, Uxia Perez, Marcos Villar e Diana Rodríguez, quedou segundo, con 86 especies e 97 puntos.

O Equipo 06, formado por Iria Lavanda Williams, Michael John Williams, María Tajuelo, David Regueirae Jorge Fernandez, completou o podio con 81 especies e 88 puntos.

Entre todos os equipos rexistráronse 116 especies de aves. A aguia pescadora e o cullereiro común apareceron nas sete listaxes. O furabuchos das Baleares foi unha das 19 especies que só anotou un equipo.

Este é o resumo das cifras por equipos:

Equipo Nº de especies Puntuación
Equipo 02 100 131
Equipo 01 86 97
Equipo 06 81 88
Equipo 07 74 81
Equipo 03 73 77
Equipo 05 64 65
Equipo 04 61 62
Total de especies distintas 116

Consulta a listaxe completa de aves observadas por cada equipo.

Parabéns ao equipo gañador e moitas grazas a todas as persoas que participaron e axudaron a facer posible a maratón. Grazas tamén a COAWA, á Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e á Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos pola súa colaboración.

Vémonos na próxima!