O terceiro número da revista Chioglossa, que publica o Grupo Naturalista Hábitat, está na fase final da súa edición e verá a luz en outubro de 2011.

Este novo volume contará con diversos artigos sobre aves, mamíferos, odonatos e carábidos de Galicia, Asturias, Euskadi e Navarra.

No portelo web da publicación, www.chioglossa.com, xa están dispoñibles aqueles artigos que remataron o proceso de revisión.

A revista Chioglossa é un medio de expresión científica aberto a naturalistas e investigadores, tanto profesionais como afeccionados serios, interesados na flora e fauna da Península Ibérica en xeral, e, particularmente, na que vive no noroeste ibérico. Nela publícanse traballos orixinais que fagan referencia a aspectos dos ámbitos da ecoloxía, bioxeografía e conservación.