Cartel post.pptx

As entidades Grupo Naturalista Hábitat, Sociedade Galega de Ornitoloxía e Sociedade Española de Ornitoloxía (grupo local Pontevedra), veñen de asinar un informe expoñendo a afección das obras de rehabilitación do edificio situado en rúa Nova nº2 -A Coruña- sobre a colonia de cirrios común e pálido (Apus apus e Apus pallidus) nidificantes na fachada do inmoble, e que se atopan en pleno período reprodutor. Así mesmo, manifestan a súa dispoñibilidade para colaborar en todas aquelas accións que fosen precisas, co gallo de permitir a conservación desta colonia emblemática na cidade, cuxas especies se atopan protexidas por lei.

Con interese, coñecementos e esforzos, compatibilizar a conservación do patrimonio natural e do arquitectónico é posible.

O texto íntegro do documento achegado pode ser consultado publicamente e de balde na seguinte ligazón:

Consulta do informe de alegacións