Celebrando o Día Europeo da Rede Natura 2000, este martes día 21 de maio, a partires das 20:30h, faremos un Falando de Natureza moi especial, no que contaremos coa presenza de dous biólogos con amplísima experiencia no campo: Xabier Vázquez Pumariño e Ricard Gutiérrez Benítez. Xabi centrará a súa intervención na descrición da Rede Natura 2000 en Galicia, identificando aqueles elementos de maior interese para a conservación e sintetizando as ameazas que se peneiran sobre eles. Por outra banda, Ricard fará o propio cos espazos da “Xarxa Natura 2000” catalá, o cal servirá para facer unha comparativa da saúde da dúas comunidades autónomas no relativo á conservación do patrimonio natural.
A charla, de balde e aberta ao público, será retransmitida en directo e poderás conectar libremente ao directo a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito. Rematado o faladoiro daremos paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen recibidas.
Podes seguir o directo na nosa canle de Youtube:
E tamén:
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Agardámoste o 21 de maio ás 20:30 h!

Leave A Comment