Esta semana teremos o Curso de Macrofotografía da man de Ismael Espasandín, que nos ensinará sacarlle o mellor partido e realzar os detalles das nosas fotografías macro de invertebrados, plantas e outras grupos de fauna, coma os herpetos.
Ismael é Graduado en Bioloxía pola Universidade de A Coruña. Actualmente traballa no Aquarium Finisterrae, pero dedica moitas horas e gran parte do seu tempo ao estudo dos anfibios e réptiles. Apoiándose na fotografía trata de dar a coñecer á xente este grupo de animais que tanto rexeitamento sofren, mostrándolles os seres fascinantes que son e que debemos protexer.
Este curso de macrofotografía da natureza dividirase nunha charla formativa o venres, 10 de maio do 2024 ás 20:30h no local social do G.N.Hábitat e nunha saída o sábado, 11 de maio do 2024, de 10 a 13h, no Monte Xalo.
Está dirixido a estudantes e naturalistas entusiastas maiores de 18 anos. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado. As prazas son limitadas. Ao rematar o taller entregarase un certificado de asistencia e aproveitamento co número de horas prácticas recibidas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación.
Tes ata o xoves, 9 de maio do 2024, ás 13h para inscribirte!!
Este taller ten un custo de:
- Socios/as G.N. Hábitat: 15 €
- Adultos/as (maiores de 18 anos): 20 €
Non perdades esta oportunidade!! Anímate a aprender moito de macrofotografía da man de Ismael!!
Nota informativa: Debido ás malas condicións meteorolóxicas desta semana, tivemos que aprazar o Curso de Fotografía da Natureza de Manu Ruiz para o 24 e 25 de maio. En breves abriremos o prazo de inscrición de novo.

Leave A Comment