Queres achegarte á flora e fauna da contorna da Torre de Hércules? Pois agardámoste nesta nova andaina no marco dos nosos Encontros Naturalistas.

A xornada, de balde e aberta ao público de calquera idade, terá lugar o domingo 17 de marzo do 2024, ás 16h. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Agardámoste!