Este sábado, 22 de xullo do 2023, de 22h a 01h faremos unha mostraxe de avelaíñas na Fraga do Xarío, en colaboración co concello de Miño, compañeiros/as do G.N. Hábitat amosarán as técnicas empregadas para a mostraxe deste grupo de insectos co cal seguiremos aumentando o coñecemento sobre a biodiversidade deste espazo natural. Deste xeito, a cidadanía poderá observar a biodiversidade de avelaíñas que contén a zona, poñendo así en valor os compoñentes ambientais da contorna.
A xornada é de balde e aberta ao público. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado.
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment