Un ano máis visitaremos aos nenos e nenas do campamento Furancho Deportivo de Vimianzo, para celebrar con eles unha nova xornada ambiental. Desta volta levaremos a cabo un obradoiro de biodiversidade no que aprender sobre a flora e fauna da nosa contorna, así como as técnicas e recursos empregados para o seu estudo e conservación.

Abofé que será unha estupenda xornada! Vémonos pronto rapaces