Convidámoste a unha nova xornada dos nosos “Falando de natureza” na que teremos como relator ao Doutor Francisco Javier Silva Pando, descubridor da especie, falaranos da Centaurea ultreiae, a súa ecoloxía, reprodución, estado de conservación, en base aos últimos estudos realizados sobre esta especie endémica e catalogada como ameazada.

O relatorio, de balde e aberto ao público, terá lugar o vindeiro xoves, 15 de xuño, ás 19:30h, no Salón de actos do edificio de servizos de Coristanco (Rúa Pataca, 15147 San Roque (Coristanco), A Coruña –ver localización no mapa-). Para a asistencia e participación neste formato presencial é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Agradécese a asistencia do público de xeito presencial. Así e todo, se non te podes achegar ou se quedasen as prazas cubertas, tamén poderás conectar a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito. Rematado o faladoiro daremos paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen recibidas.

Podes serguir o directo na nosa canle de Youtube:

E tamén:

 

Agardámoste!

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014