Este sábado, 1 de abril do 2023, queremos que nos acompañes nun paseo polo río Mero, desfrutando da fauna e flora, e recolleremos todos os residuos que nos atopemos pola contorna, que poñen en perigo a súa biodiversidade.

Neste tipo de actividades intentamos concenciar o impacto dos plásticos nos nosos ecosistemas, ademais de mostrar a xente as alternativas a materiais cotiás e así poder reducir os residuos que podemos xerar día tras día.

A xornada é de balde e aberta ao público e terá lugar o vindeiro sábado, 1 de abril, de 10:30 a 13:30h. Así e todo, para a participación é imprescindible a inscrición previa a través do formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!