O vindeiro martes, 28 de marzo, xuntarémonos de novo cos rapaces do C.P.I. Castro Baxoi! Nesta ocasión, en compañía dos estudantes e docentes do centro, sumerxirémonos no abraiante mundo dos mamíferos mariños. Repasarán connosco as especies máis habituais nas nosas costas, comentaremos as principais características e adaptacións deste diverso grupo faunístico, e presentarémolles de primeira man o traballo desenvolvido pola Rede de Varamentos de Galicia, encabezada pol@s compañeir@s da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) e na que dende o G.N.Hábitat mantemos unha colaboración activa.
Unha xornada chea de vida!

Leave A Comment