Seguimos coas nosas actividades de Hábitat Protexe, este domingo, 26 de marzo do 2023, de 10:30 a 13:30h, na compaña dos nosos compañeiros, Antón Vázquez e Damián Romay visitaremos a Lagoa de Alcaián, coñecida tamén como Braña Rubia, un espazo natural sobresaliente do interior da comarca de Bergantiños.

A pesar da desprotección histórica desta zona húmida e da súa contorna, que propiciou un acelerado proceso de colmatación da lagoa e de eucaliptización dos montes próximos, conserva unha gran cantidade de valores naturais, entre os que se atopan especies endémicas e ameazadas.

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. Para poder asistir tes que inscribirte neste formulario:

 

Tes ata o venres, 24 de marzo do 2023, ás 22h para inscribirte.

Logo no correo de confirmación recibirás as instrucións para realizar o abono:

  • Socios G.N. Hábitat: Gratuíto (as cotas de socio do G.N.Hábitat xa aportan anualmente a entidades de custodia).
  • Nenos (menores de 14 anos): 5€
  • Adultos (maiores de 14 anos): 10€

Se quixeses aportar máis á entidade coa que participamos nesta actividade será moi ben recibido, axudará a protexer o noso.

O recadado destinarase á Custodia do Territorio e á Defensa Ambiental a través do Proxecto Vixías. Con esta iniciativa queremos seguir loitando con máis forza para protexer os nosos espazos naturais. Estes recursos son moi necesarios para poder conservar das constantes perturbacións ás que ven sometido o biodiversidade e o medio natural onde viven. 

É importante que lembres que para asistir a estas actividades é necesaria a inscrición previa e o pago por anticipado. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas ou que non fixesen o pago no prazo establecido.

Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!