O vindeiro martes, 21 de marzo, realizaremos unha nova xornada ambiental na contorna da Torre de Hércules. Desta volta, e acompañados do profesorado do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto, aprenderemos a identificar, recoñecer e respectar a diversidade biolóxica e os hábitats máis representativos deste Espazo Natural de Interese Local (ENIL).
Unha xornada de descuberta e conversa sobre a fauna, a flora e a situación ambiental deste emblemático enclave da nosa cidade.

Leave A Comment