Este sábado, 11 de marzo do 2023, de 10h a 14h, faremos unha actuación de plantación de árbores autóctonas e de recollida de residuos en Guitiriz (Lugo) con Afundación – Obra Social ABANCA e da man do Concello de Guitiriz e da Asociación Galega de Custodia do Territorio.
O espazo no que imos traballar é unha zona onde antes se levaban os plásticos agrícolas para a súa reciclaxe, pero que se converteu nunha zona onde a xente deixaba os seus residuos, por este motivo, o concello de Guitiriz está a pechar estes espazos. Así pois, se queres axudarnos a restaurar este espazo, retirando os residuos e plantando especies de árbores frondosas, inscríbete no seguinte formulario:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment