Comprácenos comunicarvos que xa temos aberto o prazo de inscrición para a XI promoción da nosa Escola de Naturalistas!
Escola de Naturalistas é unha actividade organizada polo G.N.Hábitat dende fai anos, única no ámbito da formación ambiental en Galicia, dirixida ao aprendizaxe e identificación dos elementos que compoñen a biodiversidade Galega. Nela, ao longo dos diferentes bloques temáticos do curso impartidos por diversos expertos, afóndase de xeito teórico e práctico nas diferentes técnicas e áreas do naturalismo (botánica, ornitoloxía, mastozooloxía, entomoloxía, anelamento científico de aves, e moitas outras), consolidando así un programa que abrangue, en gran medida, os diferentes aspectos necesarios para un completo aprendizaxe no eido ambiental.
Os diferentes bloques formativos transcorrerán dende decembro do 2022 ata xullo de 2023. Para información máis detallada sobre esta actividade, consulta as bases dispoñibles na seguite ligazón:
Se estás interesado en participar, remítenos a túa solicitude antes das 14:00 horas do mércores 07 de decembro de 2022 (data de peche de inscricións), enchendo e enviando debidamente o formulario de inscrición dispoñible na seguinte ligazón:
Se che gusta a natureza e tes ganas de aprender un pouco máis sobre ela, esta é a túa oportunidade!
Cota de inscrición: 65 euros para socios do G.N.Hábitat e 120 euros para non socios.
Coa colaboración de


Leave A Comment