Coincidindo coa Semana Europea de prevención de Residuos, ADEGA celebra a xornada “Preservación dos mares a través das limpezas ecolóxicas”, para dar a coñecer con máis profundidade a problemática do lixo mariño e a importancia das limpezas ecolóxicas dos nosos areais. O evento contará coa participación da nosa entidade, cunha presentación titulada “Unha década recollendo lixo“, que será impartida pola bióloga e membro do Grupo, Atocha Ramos, quen fará un repaso ás actividades e logros acadados nestes 10 anos de limpeza do medio natural.

Será este venres, 25 de novembro, de 17 a 20h, no local da Asociación cultural Alexandre Bóveda (rúa Olmos 16, 1º. A Coruña – ver localización no mapa).

Toda a información sobre a xornada na seguinte ligazón á web d@s compañeir@ de ADEGA: