Este venres, continuando coas accións no marco da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, visitaremos aos máis cativos do CEIP Plurilingüe Bragade (Concello de Oza-Cesuras) para desenvolver unha nova xornada ambiental. Desta volta compartiremos cos rapaces a nosa paixón pola natureza, e aprenderemos sobre a flora e fauna da nosa contorna mediante xogos e obradoiros, procurando espertar neles o interese polo estudo e a conservación da nosa biodiversidade.
Abofé que o pasaremos ben. Sempre é un pracer axudar a sementar, pensando que co tempo poderemos recoller ás vindeiras xeracións de grandes naturalistas!

Leave A Comment