O Venres, 20 de maio do 2022, temos unha nova actividade de Hábitat Protexe, onde aprenderemos o máximo posible do mundo dos liques nunha xornada doble da man de Graciela Paz Bermúdez.
Graciela Paz é Licenciada e Doutora de Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Realizou varias estancias de investigación na Universidade de Wales (Reino Unido), Universidade de Murcia e Universidade de OPorto (Portugal). Desde o ano 2001, forma parte da Universidade de Vigo, realizando labores de Investigación e docencia na área de Produción Vexetal no Departamento de Enxeñería dos Recursos Naturais e Medio Ambiente. Participou en máis de 50 artigos, 15 proxectos de investigación, 2 proxectos de Innovación docente, dirixiu unha tese doutoral e 3 teses de licenciatura.
A actividade constará dun Taller de identificación de liques na Facultade de Ciencias da Universidade de A Coruña de 09:30 a 13:30h. e dunha saída a Chelo (Coirós) para o recoñecemento de liques de 15h a 18h.
As prazas son limitadas, soamente 15 prazas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. Esta actividade está dirixida para maiores de 18 anos. Para poder asistir tes que inscribirte neste formulario:
Tes ata o xoves, 19 de maio do 2022, ás 12h para inscribirte.
Logo no correo de confirmación recibirás as instrucións para realizar o abono:
- Socios G.N. Hábitat: Gratuíto (as cotas de socio do G.N.Hábitat xa aportan anualmente a entidades de custodia).
- Taller Adultos (maiores de 18 anos): 15 €
- Saída Adultos (maiores de 18 anos): 10 €
- Taller + saída Adultos (maiores de 18 anos): 20 €
Se quixeses aportar máis á entidade coa que participamos nesta actividade será moi ben recibido, axudará a protexer o noso.
O recadado destinarase INTEGRAMENTE á entidade de custodia: Asociación Galega de Custodia do Territorio, constituída en Rábade (Lugo) e que conta hoxe día con múltiples acordos na xeografía galega, valéndose sempre da custodia do territorio como ferramenta para a conservación e recuperación do Patrimonio Natural.
É importante que recordes que para asistir a estas actividades é necesaria a inscrición previa e o pago por anticipado. Podes inscribirte a unha das accións ou ás dúas. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas ou que non fixesen o pago no prazo establecido.
Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment