Retomamos a X promoción de Escola de Naturalistas. con un bloque especial que estará centrado no traballo que levan a cabo os nosos compañeiros da Asociación Micolóxica Coruñesa, que nos achegarán ao abraiante mundo dos cogomelos.
Este bloque de contidos virá impartido polos expertos da AMC:
Jose María Traba:
Presidente e fundador a AMC, José María é ao mesmo tempo Presidente da Federación Galega de Micoloxía. Con máis de 35 anos de experiencia, ten desenvolvido numerosas conferencias e cursos sobre micoloxía, tanto en Galicia como noutras rexións. É coautor de varios libros de micoloxía e colaborador activo en varias revistas nacionais neste eido. Membro do comité organizador do VI Workshop Internacional de Micoloxía “Russulales Jaca 2020”. Hoxe día atópase realizando a súa Tese de doutoramento en Biotecnoloxía avanzada na UDC, sobre a aplicación de técnicas moleculares para o estudo dos fungos Macromicetos (co xéreno Russula, en particular).
Fernando Ramos:
Vicepresidente da AMC e avezado coñecedor do mundo micolóxico. Dende os anos 80 leva participado en numerosas iniciativas a prol da divulgación da natureza en xeral, e da micoloxía en particular. Membro activo en diversos colectivos ambientais ao longo dos anos, foi tempo atrás Vicepresidente do Grupo Naturalista Hábitat. Vocal da Comisión de Educación e Comunicación (CEC) de UICN España, traballa hoxe día como consultor.
Vémonos na Escola compañeiros!

Leave A Comment