Nestes últimos meses do 2021 estamos novamente inmersos en colaboracións coa Universidade da Coruña. Neste caso, un grupo de alumnado de primeiro ano do Grao en Dereito está a realizar co G.N.Hábitat un proxecto no marco da metodoloxía Aprendizaxe-Servizo. De xeito colaborativo entre docentes da facultade, membros da entidade e os propios estudantes, preténdese acadar o obxectivo de aprender os contidos da asignatura “Principios Ecónomico-Contables de la empresa” dende unha perspectiva práctica, realizando os alumnos un servizo no eido da sustentabilidade dende a perspectiva ambiental. Para isto deseñarán e elaborarán unha campaña de sensibilización, que procure visibilizar os principais problemas ambientais da contorna e o rol do dereito neles.
Dende outubro avanzan as reunións e os traballos. De seguro que o resultado será estupendo!
Grazas por escollernos!


Leave A Comment