Os días 2 e 3 de outubro celebrase o Día das Aves 2021. Este ano, ao igual que o ano pasado, faremos actividades os dous días para que tod@s poidamos desfrutar e aprender destes animais e divulgar a súa importancia nos ecosistemas da nosa contorna.
O G.N.Hábitat leva dende os seus comezos loitando pola conservación dos espazos nos que as aves invernan, crían ou pasan todo o ano con nós e son tan esenciais para elas. Por iso, voluntarios do G.N. Hábitat imos dividirnos en varios espazos especiais para a observación de aves para que tod@s nós poidamos gozar delas e ademais axudar a conservar o noso Patrimonio Natural con Hábitat Protexe.
O sábado, 2 de outubro do 2021, ao mesmo tempo que celebramos o IV Encontro Bienal de Aneladores, acompañaremos ao Grupo de anelamento Phylloscopus e Grupo de anelamento Hércules de 09h a 12:30h nunha xornada de anelamento científico de aves no Estuario do Anllóns, en Ponteceso. Unha oportunidade única para poder ver de preto o impagable traballo que levan a cabo os nosos grupos de anelamento para aumentar o coñecemento sobre as aves que nos rodean.
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación (10 prazas).
- Socios G.N. Hábitat e da Sociedade Galega de Historia Natural: Gratuíto (as cotas de socio do G.N.Hábitat xa aportan anualmente a entidades de custodia).
- Nenos (menores de 14 anos): 5€
- Adultos (maiores de 14 anos): 8€
O domingo, 3 de outubro do 2021, de 10:30h a 13:30h, realizaremos varias xornadas de observación e iniciación ás aves en diferentes localizacións:
- Torre de Hércules.
- Ría do Burgo.
- Complexo dunar Razo – Baldaio.
- Encoro de Abegondo-Cecebre.
- Ría de Betanzos – Pazo de Mariñan.
- Ponteceso.
- Pontedeume.
Estas actividades serán guiadas por ornitólogos voluntarios do G.N. Hábitat.
- Sada, da man da Sociedade Galega de Historia Natural, Delegación As Mariñas.
As prazas son limitadas (15 prazas en cada punto). Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación.
- Socios G.N. Hábitat e da Sociedade Galega de Historia Natural: Gratuíto (as cotas de socio do G.N.Hábitat xa aportan anualmente a entidades de custodia).
- Nenos (menores de 14 anos): 3€
- Adultos (maiores de 14 anos): 5€
Para poder asistir a estas actividades tes que inscribirte neste formulario:
Tes ata o xoves, 30 de setembro, para inscribirte!!!
No correo de reserva de praza recibirás as instrucións para realizar o abono.
Coma todas as accións anteriores de Hábitat Protexe, o recadado irá destinado INTEGRAMENTE a entidades de custodia do territorio. Nesta ocasión todo o que se recade destinarase ás tres entidades que levamos traballando este ano:
- Fundación Fragas do Mandeo (FFM). Esta entidade foi fundada no 2010 có obxectivo adquirir e custodiar parcelas de alto valor ambiental en As Mariñas (A Coruña), en especial no espazo natural protexido ZEC Betanzos-Mandeo. Actualmente, FFM ten en custodia 268.340 m2, en lugares como o Monte da Espenuca (Coirós), a Lagoa de Sobrado (Sobrado dos Monxes) ou ribeiras de ríos coma o Mandeo (Aranga) ou o Mendo (Oza-Cesuras).
- BETULA, Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico. Esta entidade traballa arreo na conservación do bosque atlántico, facendo fincapé nas Fragas do Eume.
- Asociación Galega de Custodia do Territorio, constituída en Rábade (Lugo) e que conta hoxe día con múltiples acordos na xeografía galega, valéndose sempre da custodia do territorio como ferramenta para a conservación e recuperación do patrimonio natural.
- Brexa, Asociación de custodia do territorio. Esta entidade naceu en 2017 en Carral coa intención de preservar a Biodiversidade das terras ligadas ao río Brexa, afluente do río Mero. Co nome deste río, esta entidade de custodia comeza un gran traballo para conservar os espacios naturais para todos nós poidamos desfrutar deles.
É importante que recordes que para asistir a estas actividades é necesaria a inscrición previa e o pago por anticipado. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas ou que non fixesen o pago no prazo establecido.
Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment