CALENDARIO DE ACTIVIDADES 2021
- 13ª Xornada: venres, 17 de decembro, de 11 a 14h – Actividade realizada
- Obxectivo: Roteiro ambiental pola contorna do ENIL Torre de Hércules.
- 12ª Xornada: martes, 16 de novembro
- 1ª quenda, de 11 a 14h – Actividade realizada
- Obxectivo: Retirada de especies exóticas invasoras na contorna do ENIL Torre de Hércules.
- Participa: Down Coruña.
- 2ª quenda, de 15:30 a 18:30h – Actividade realizada
- Obxectivo: Retirada de especies exóticas invasoras na contorna do ENIL Torre de Hércules.
- 1ª quenda, de 11 a 14h – Actividade realizada
- 11ª Xornada: venres, 22 de outubro, 10:30 a 13:30h – Actividade realizada
- Obxectivo: Retirada de especies exóticas invasoras na contorna do ENIL Torre de Hércules.
- Participa: alumnos do CEIP Alborada.
- 10ª Xornada: venres, 15 de outubro, de 10:30 a 13:30h – Actividade realizada
- Obxectivo: Roteiro ambiental pola contorna do ENIL Torre de Hércules.
- 9ª Xornada: xoves, 14 de outubro, 10:30 a 13:30h – Actividade realizada
- Obxectivo: Retirada de especies exóticas invasoras na contorna do ENIL Torre de Hércules.
- Participa: alumnos do CEIP Alborada.
- 8ª Xornada: mércores, 13 de outubro, 16 a 19h – Actividade realizada
- Obxectivo: Retirada de especies exóticas invasoras na contorna do ENIL Torre de Hércules. Actividade dirixida principalmente á eliminación dos rebrotes localizados nas parcelas traballadas.
- 7ª Xornada: mércores, 6 de outubro, 10:30 a 13:30h – Actividade realizada
- Obxectivo: Retirada de especies exóticas invasoras na contorna do ENIL Torre de Hércules.
- Participa: alumnos do CEIP Alborada.
- 6ª Xornada: sábado, 25 de setembro, 10:30 a 13:30h – Actividade realizada
- Obxectivo: Retirada de especies exóticas invasoras na contorna do ENIL Torre de Hércules.
- 5ª Xornada: xoves, 23 de setembro, de 16:30 a 19:30h – Actividade realizada
- Obxectivo: Retirada de especies exóticas invasoras na contorna do ENIL Torre de Hércules.
- 4ª Xornada: mércores, 22 de setembro, de 11 a 14h – Actividade realizada
- Obxectivo: Retirada de especies exóticas invasoras na contorna do ENIL Torre de Hércules.
- Participa: usuarios do Hospital Naval de Ferrol.
- 3ª Xornada: venres, 3 de setembro, de 10:30 a 13:30h – Actividade realizada
- Obxectivo: Roteiro ambiental pola contorna do ENIL Torre de Hércules.
- 2ª Xornada: mércores, 21 de xullo, de 10:30 a 13:30h – Actividade realizada
- Obxectivo: Roteiro ambiental pola contorna do ENIL Torre de Hércules.
- Participa: alumnos do colexio La Grande Obra de Atocha.
- 1ª Xornada: venres, 9 de xullo, de 10 a 13h – Actividade realizada
- Obxectivo: Roteiro ambiental pola contorna do ENIL Torre de Hércules.
- Participa: usuarios do programa Teranga (atención integral ás persoas migrantes) da Fundación Juan Soñador.
Para participar nas diferentes actividades abertas ao público que sexan comunicadas, será imprescindible a inscrición previa a través do seguinte formulario:
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!
O PROGRAMA “CUSTODIA DO TERRITORIO E VOLUNTARIADO”
Por cuarto ano consecutivo, a Concellería de Medio Ambiente do Concello da Coruña e o Grupo Naturalista Hábitat traballamos na continuidade do programa Custodia do Territorio e Voluntariado. Unha iniciativa que acubilla, en cada campaña, diversas actividades dirixidas ao estudo, a divulgación e a conservación dos espazos naturais da cidade da Coruña, con especial fincapé na contorna da Torre de Hércules, declarada hoxe día de xeito provisional como Espazo Natural de Interese Local (ENIL). Este recoñecemento, motivado a proposta municipal, supuxo constatar a riqueza natural deste espazo, que tantos anos levamos poñendo en valor dende o G.N. Hábitat. Mais o traballo non ten rematado, queda seguir empurrando cara a súa declaración definitiva como ENIL, co obxectivo de que chegue a compartir título con outros espazos de gran relevancia natural na cidade como é o caso das Illas de San Pedro.
Ao longo das campañas 2018/2020 deste programa, un total de 705 persoas teñen participado nas diferentes accións organizadas polo G.N.Hábitat. Nenos e maiores de todas as idades, que compartiron connosco tempo e esforzos nos eidos da divulgación e o voluntariado ambiental. Nesta liña, compre destacar os avances alcanzados no control da especie exótica invasora Carpobrotus edulis (coñecida como “Uña de gato” ou “herba do coitelo”), que se espalla pola contorna da Torre de Hércules restrinxindo e comprometendo a diversidade biolóxica alí presente: máis de 45.800 kg foron xa retirados grazas aos 575 voluntarios nas actividades de eliminación desta planta invasora! Moito suor, e todo un exemplo de traballo colaborativo a prol do noso patrimonio natural. Tarefas que debemos agora retomar para a mellora deste ENIL, e polo tanto, a campaña 2021 continurá coa mesma filosofía e obxectivos das pasadas edicións, promovendo novamente diferentes actividades ambientais.
Estas xornadas serán abertas ao público e de balde, mais as prazas serán limitadas en cada sesión, sendo precisa a inscrición previa para a participación a través dos formularios online que sexan habilitados na nosa web, segundo o avance do programa. Todos aqueles participantes confirmados contarán cun seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil durante o desenvolvemento das actividades, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas. Así mesmo, o G.N.Hábitat poñerá a disposición os recursos necesarios para poder desenvolver axeitadamente cada xornada.
Contamos contigo!


Leave A Comment