O próximo venres, 5 de marzo do 2021, teremos con nós a Denébola Álvarez Seoane, afeccionada á astronomía e socia da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, que nos ensinará a coñecer o ceo nocturno, unhas primeiras pinceladas que nos permitan recoñecer as constelacións máis importantes que podemos ver a simple vista dende as nosas casas, así como algunhas ideas e ferramentas para gozar da noite cando poidamos volver a saór ao campo (como planificar unha noite de observación ou como usar un planisferio). Ademais de presentarnos algúns recursos para aprender pequenos e maiores.
Denébola Álvarez Seoane é socia da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío dende algo máis dun lustro e dende hai algúns anos tamén é Vicepresidenta da mesma. Na Agrupación encargase da coordinación de divulgación e formación, do Grupo de Traballo Satélites (a sección infantil) e do Grupo de Traballo do CEA (o Congreso Estatal de Astronomía que tiña previsto celebrarse na Coruña en 2020, e que se espera que poida celebrarse en 2021).
A emisión será este venres, 5 de marzo do 2021, ás 20:30h., baixo o título “Gozando da noite. Primeiros pasos para iniciarse na astronomía”. Se queres participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia, un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.
Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:
E tamén:
Agardámoste!

Leave A Comment