Este mércores gozaremos dunha nova xornada Falando de natureza dende os nosos fogares. Nesta ocasión afondaremos nunha das principais causas de pérdida de biodiversidade a nivel mundial: as especeis exóticas invasoras. De xeito concreto, aprendemos como a investigación e os estudos que se desenvolven no seo das Universidades, axudan a mellorar o coñecemento desta problemática, a analizar as súas repercusións e facer propostas de cara a súa xestión e control.
E para falarnos destas cuestións, teremos a sorte de contar con:
- D.ª Natalia García Vázquez – Bióloga. Máster en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión (Universidade da Coruña). Natalia nos expoñerá o seu traballo de Fin de Mestrado (TFM), que comparte título co cartel desta xornada, e que tivo como directores ao dous expertos que tamén nos acompañarán neste faladoiro.
- Dr. Sergio Rodríguez Roiloa – Profesor contratado doutor no Departamento de Bioloxía (Área de Ecoloxía) da Universidade da Coruña. Líneas de investigación ecofisioloxía vexetal, invasións biolóxicas e integración fisiolóxica en plantas clonais.
- Dr. Rubén Portela Carballeira – Experto en procesos de invasións biolóxicas, con diversas publicación científicas neste eido.
A emisión deste faladoiro, moderado polo compañeiro de Hábitat Andrés Pereira, será en directo o mércores 21 de outubro ás 20:30h. Se estás interesado en participar como público poderás conectarte libremente a través das nosas canles de Facebook ou YouTube, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia o moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.
Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:
E tamén:
Agardámoste!

Leave A Comment