Despois de varios Hábitat Protexe Online e de crear O Faiado de Hábitat Protexe para recadar fondos para as entidades de custodia do territorio no periodo do confinamento, voltamos a facer actividades presenciais de Hábitat Protexe cunha actividade nocturna para a observación de avelaíñas no Parque Natural das Fragas do Eume. A actividade terá lugar o sábado, 15 de agosto do 2020, de 21:30h a 00:30h e correrá a cargo de Elia Pérez e Manuel Cernadas, que colocarán trampas de luz para atraer a estes insectos e nos explicarán datos interesantes sobre eles. Ademáis intentaremos escoitar rapiñas nocturnas, mamíferos, así como detectar a presenza de morcegos, e de algún outro insecto nocturno. 

O recadado destinarase INTEGRAMENTE á entidade de custodia: BETULA, Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico. Esta entidade traballa arreo na conservación do bosque atlántico, facendo fincapé nas Fragas do Eume

Non perdades esta oportunidade!! As prazas son limitadas. Soamente son 15!! Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. Para poder asistir tes que inscribirte neste formulario:

 

  

Tes ata o xoves, 13 de agosto do 2020 para inscribirte!!

Logo no correo de confirmación recibirás as instrucións para realizar o abono:

  • Socios G.N. Hábitat: Gratuíto (as cotas de socio do G.N.Hábitat xa aportan anualmente a entidades de custodia).
  • Nenos (menores de 14 anos): 5€
  • Adultos (maiores de 14 anos): 10€

Se quixeses aportar máis á entidade coa que participamos nesta actividade será moi ben recibido, axudará a protexer o noso.

É importante que recordes que para asistir a estas actividades é necesaria a inscrición previa e o pago por anticipado. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas ou que non fixesen o pago no prazo establecido. 

Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!