Lanzamos un curso que tiñamos ganas de facer con todos vós. O sábado 27 de xullo teremos un conxunto de charlas e clases prácticas centradas nos grupos Coleoptera e Lepidoptera, cunha saída nocturna para ver avelaíñas; e o domingo 28 farase unha saída diúrna onde terá lugar unha mostraxe dos dous grupos e algún outro orden de insectos.
Programa do Curso básico de Entomoloxía: Coleópteros e Lepidópteros
O custo do curso é de 20 € non socios e 10 € socios do G.N. Hábitat.
Tes ata o día 25 de xullo para inscribirte no seguinte formulario:
É importante que recordes que para asistir a estas actividades é necesaria a inscrición previa e o pago por anticipado. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas ou que non fixesen o pago no prazo establecido.
O recadado irá destinado a cubrir os gastos dos relatores e o resto será invertido en Custodia do Territorio.
Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment