O Grupo Naturalista Hábitat ven de asinar un convenio de colaboración con “Integra Coruña” para acoller a un participante no programa Erasmus +, programa de prácticas formativas para impulsar as perspectivas laborais e o desenvolvemento persoal dos mozos e mozas, dende o 12 de xullo ata o vindeiro 13 de agosto do 2018.
Durante a súa estancia connosco, o que xa é novo compañeiro de Hábitat avanzará en varias tarefas no noso local social, coma a catalogación de documentación bibliográfica (que será de proveito nun futuro próximo para todos os socios da entidade, posibilitando un sistema de procura e préstamo de bibliografía), e asistirá a diferentes accións do Grupo, coma os transectos de mostraxe de vacalouras ou o seguemento da pillara das dunas na praia de Baldaio, entre outras. Desta maneira poderá ver como funciona unha entidade sen ánimo de lucro que traballa xunto con todos os seus socios pola conservación, estudo e divulgación do Patrimonio Natural galego.
Agardamos que a súa estancia connosco sexa de proveito…benvido Matteo!

Leave A Comment