O moucho (Athene noctua) ven de ser escollida coma Especie do ano 2018 na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Esta pequena rapina nocturna, de aspecto compacto e rechoncho, atópase incluida na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial, sendo de especial interese afondar no seu coñecemento e poñendo en valor a necesidade da súa conservación.

 

Por estes motivos estableceuse un espazo web con información sobre esta especie, dende o cal se da acceso ao:

A iniciativa Especie do Ano, que se leva a cabo dendo o pasado 2014 declarando en cada anualidade unha especie concreta como Especie do Ano, integra tamén a celebración dunha xornada de conferencias, aberta ao público e de balde, onde expertos na materia permítennos ampliar a información sobre experiencias, particularidades e necesidades de conservación destas especies. Proximamente publicaremos a data e o programa da xornada deste ano…estade atentos!