Nos vindeiros días terá lugar a segunda das xornada dirixidas á posta en valor, implicación e conservación do medio natural, recollidas baixo a inciativa “Traballando pola mellora do patrimonio natural“ no 2017.
Nesta actividade o Voluntariado ABANCA desenvolverá un roteiro interpretativo coa posta en valor da diversidade biolóxica presente na contorna da Coruña, aprendendo a recoñecer as especies de flora e fauna autóctonas, así como aquelas especies exóticas máis salientables e a problemática derivada da súa presenza no medio natural. Así mesmo, e de xeito prioritario, o voluntariado traballará activamente na eliminación destas especies invasoras, favorecendo a recuperación de zonas alteradas.
A xornada contará coa colaboración do Concello da Coruña, da man da Concellería de Medio Ambiente.

Leave A Comment