O vindeiro domingo 18 de decembro, volve connosco e Achégate ás aves!
Coruñaves consiste nunha actividade lúdica na que se procura, ao longo dunha mañá, ver e identificar por equipos o maior número posible de especies de aves dentro do Concello da Coruña. O obxectivo fundamental é achegar a ornitoloxía ao público en xeral, fortalecendo o coñecemento das aves, aprendendo a respectalas e a gozar da súa presenza nunha actividade de divulgación ambiental.
A xornada é de balde e aberta ao público (os menores de idade deberán vir acompañados dun adulto). Así e todo, é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario de inscrición online habilitado nas Bases Reguladoras. O prazo de inscrición estará aberto ata as 14 horas do venres 16 de decembro.
As prazas son limitadas. En calquera caso, seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil ao longo da xornada a conta do G.N.Hábitat.
Toda a información detallada sobre a actividade, así como o acceso ao formulario de inscrición, poderás atopalo nas Bases Reguladoras, que deberán ser consultadas e respectadas por todos os interesados en participar:
– Descarga as bases reguladoras da actividade.
– Descarga o cartel da actividade.
Dúbidas e comentarios no 981 135 014 ou en inscricion@gnhabitat.org
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment