O noso grupo editou este número en outono do 2007, que foi repartido aos socios e agora comezamos a distribuír na web. Cumprida a quincena de números, quixemos mellora-la organización da revista, que xira arredor de tres eixos, recollendo observacións (
Caderno de Campo), pequenos estudos (
Investigación) e artigos didácticos ou de recompilación de documentos (
Divulgación). Isto acompañado doutras seccións máis xeneralistas, como son a
Editorial,
Actividades e
Novas e Opinión.
En canto aos temas tratados, neste número decicámoslle unha especial atención aos coleópteros, sobre todo aos carábidos, e como de costume aos mamíferos, inda que o espazo que tradicionalmente se dedicaba a aves e hérpetos nesta ocasión non puido reservarse pola extensión dos documentos mencionados. Non están, sen embargo, ausentes en interesantes observacións de campo e acompañados doutros grupos pouco estudados coma as arañas.
(Para poder ver as imaxes ampliadas poñede o ratón sobre a imaxe e facede un “click”)
Nestas imaxes podes comproba-la súa apariencia e algúns dos seus contidos para abrir boca. Se queres que cha enviemos para informarte e colaborar coa asociación por 1 € máis gastos de envío, só tes que poñerte en contacto con nós no correo electrónico
gnhabitat@yahoo.es, telefonearnos (981·135014) ou escribirnos (non esquezas que cambiamos de local! -r/ Camariñas, nº 8. 15002. A Coruña). Tamén podes recollela no propio local tódolos mércores a partir das 20:30.
Agardamos que sexa do teu interese e vaia para que todos aprendamos a comprender e respectar máis o noso medio natural.
Luis, queremos pedirche un favor. Nos somos unha Plataforma, Seiruga Limpa, que nós opoñemos á instalación dunha piscifactoria en Seiruga-Barizo. A ubicación de dita piscifactoria,pensamos, vai a perxudicar a fauna do Xuncal lindante. Poderiasnós informar un pouco sobre isto. ¿non consideras que esta zona deberia ser protexida polo ZEPA? etc…
Temos un blog :
http://www.seirugalimpa.blogsopt.com
Grazas.