
O domingo 8 de novembro celebramos a XIII Maratón Ornitolóxica da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Sete equipos percorreron distintos puntos da Reserva co reto de identificar o maior número posible de especies de aves silvestres ao longo da xornada.
O Equipo 02, formado por Damián Romay, Roi Otero, Eva Alonso e Stefano Di Ubaldo, acadou o primeiro posto con 100 especies e 131 puntos.
O Equipo 01, formado por Manuel Cernadas, Elia Pérez, Uxia Perez, Marcos Villar e Diana Rodríguez, quedou segundo, con 86 especies e 97 puntos.
O Equipo 06, formado por Iria Lavanda Williams, Michael John Williams, María Tajuelo, David Regueirae Jorge Fernandez, completou o podio con 81 especies e 88 puntos.
Entre todos os equipos rexistráronse 116 especies de aves. A aguia pescadora e o cullereiro común apareceron nas sete listaxes. O furabuchos das Baleares foi unha das 19 especies que só anotou un equipo.
Este é o resumo das cifras por equipos:
| Equipo | Nº de especies | Puntuación |
|---|---|---|
| Equipo 02 | 100 | 131 |
| Equipo 01 | 86 | 97 |
| Equipo 06 | 81 | 88 |
| Equipo 07 | 74 | 81 |
| Equipo 03 | 73 | 77 |
| Equipo 05 | 64 | 65 |
| Equipo 04 | 61 | 62 |
| Total de especies distintas | 116 |
Consulta a listaxe completa de aves observadas por cada equipo.
Parabéns ao equipo gañador e moitas grazas a todas as persoas que participaron e axudaron a facer posible a maratón. Grazas tamén a COAWA, á Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e á Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos pola súa colaboración.
Vémonos na próxima!



Leave A Comment