O parque Rosalía Mera, situado na parroquia de Dorneda (Oleiros), áchase como un espazo verde de uso público creado cun claro enfoque sostible, participativo e inclusivo, posible grazas ao traballo colaborativo dun equipo multidisciplinar de expertos en xardinaría, bioloxía, paisaxismo e construción. Un proxecto no que primaron valores que garanten a atención á perspectiva social (calidade de vida, espazos flexibles, integración no tecido urbano), ambiental (biodiversidade, conectividade ecolóxica e microhábitats) e de xestión (respecto dos elementos patrimoniais e procura dun mantenmento sostible), sen esquecer colaboracións puntuais con talento local da man de artesáns e artistas galegas, entre outras. Unha contorna hoxe día incorporada aos espazos xestionados polo Concello de Oleiros, para o goce de toda a cidadanía.

E para coñecer o proxecto en detalle e ollar á diversidade biolóxica que acubilla, queremos compartir convosco unha actividade de campo! Unha tarde na que ademais de fauna e flora falaremos de Ciencia Cidadá, e de como cada un de nós pode converterse nun actor esencial contribuíndo á construción colaborativa do coñecemento ambiental.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o martes, 29 de setembro, ás 16h (a xornada se estenderá aproximadamente ata ás 18h). Para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Agardámoste!