Volve o programa “Natureza kmØ” cunha xornada moi especial no ENIL Torre de Hércules, pois levaremos a cabo a que será a xornada nº 100 de voluntariado ambiental dirixido á retirada de especies exóticas invasoras neste espazo natural. Unha tarefa que comezamos no pasado ano 2018 e na que continuamos avanzando paseniño, tendo acadado hoxe día:

  • 99 xornadas de voluntariado levadas a cabo, dirixidas á retirada de especies exóticas invasoras.
  • 1.984 voluntari@s participantes.
  • 90.688 kg de Carpobrotus spp. retirados.
  • 60% da superficie ocupada polo Carpobrotus no ENIL, controlada e en proceso de recuperación.
  • 5 anos avaliando cientificamente os beneficios do traballo desenvolvido polo voluntariado ambiental nesta contorna, grazas á colaboración coa Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña na materia “Botánica Sistemática: Fanerogamia” (Área de Botánica), coordinada pola Dra. Elvira Sahuquillo e o Dr. Manuel Pimentel.

A xornada terá lugar o xoves, 17 de setembro do 2026, na compañía do alumnado do CEIP Plurilingüe Víctor López Seoane, vellos compañeiros de esforzos neste programa de voluntariado.

Dende o G.N.Hábitat queremos dar as grazas a todos os compañeir@s e voluntari@s que vos sumades xornada a xornada, aportando o voso tempo e esforzo para avanzar na mellora dos hábitats naturais deste emblemático enclave da nosa cidade!